Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2017

Disfunción participa esta fin de semana na Mostra de teatro de Ribadeo con DEPARTAMENTO DE SELECCIÓN

Imaxe
Ribadeo acolle esta fin de semana a Mostra de Teatro Daniel  Cortezón e contará coa participación do grupo das Figueiras, co Batán de Cangas e Disfunción Continua da Estrada. A obra que presenta a compañía estradense é a nova produción estreada no mes de xullo,  "Departamento de Selección" Non se trada dunha comedia propiamente senón nunha desas pezas que provocan no espectador diferentes reflexións, con tons irónicos e mesmo dramáticos, un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar a traballar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas sacará o mellor de cada personaxe, poñendo en escena unha reflexión sobre os valores da vida moderna.  A seguinte función destra produción será o18 de novembro en Aguiño (Ribeira) Dirixida por Jouse García, conta no reparto con Rosa López, Clara Iglesias, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal. A parte técnica correspóndelle a Miguel Ares.