Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

Funcións

Imaxe
próximas funcións "Departamento de Selección"  21 de setembro 2018 ORAZO (A ESTRADA) 21.30H teleclub da comedia funcións realizadas de DEPARTAMENTO DE SELECCIÓN SÁBADO 11 DE ABRIL 20H  CERDEDO  Centro Cultural SÁBADO 28 DE ABRIL 20.30H  A ESTRADA Teatro Principal SÁBADO 11 DE NOVEMBRO  21H COMBARRO (POIO)  Auditorio da Comunidade de MONTES ciclo POIO-ESCENA 2017 DOMINGO 8 DE NOVEMBRO  19.30H RIBADEO   Mostra de teatro afeccionado  Daniel Cortezón - Teatro de Ribadeo entrada 3€  DOMINGO 9 XULLO  20.30H ANTAS DE ULLA  Casa da Cultura entrada gratuíta 

Ficha Técnica:::

Imaxe
Título : Departamento de Selección Duración : 80 min Dirección : Jouse García Elenco : María Porto, Clara Iglesias, Natalia Carbajal, Bea del Río e Rosa López Sipnose :    Este espectáculo, dirixido a un público adulto,  presenta varias personaxes que aceptan participar nun xogo  cruel e perverso, onde manifestan o seu cinismo, egoísmo, intolerancia e falta de empatía.       O público, xunto coas personaxes, debe decidir ata onde chega a verdade e onde comeza o truco.  O espectador poderá reflexionar sobre  o comportamento humano e  os valores da sociedade de mercado en que vivimos.   A obra, que alterna momentos máis divertidos con outros máis dramáticos, é unha crítica á deshumanización do mundo capitalista,  que nos convirte en enemigos e competidores, dispostos á loita máis salvaxe na que  todo vale. 

Estrea!:::

Imaxe
Será o vindeiro domingo 9 de xullo ás 20.30h na Casa da Cultura de Antas de Ulla (Lugo) Desta volta Disfunción Continua Teatro entra de cheo na voráxine do mundo laboral. É unha obra pensada para o público adulto e na que unha serie de personaxes encaran un proceso de selección de persoal. Pero non vai ser  nada doado porque as probas de acceso ao traballo convértense nun xogo cruel e perverso, onde o cinismo, egoísmo a intolerancia e falta de empatía se van converter nas súas armas. Ao público tócalle a parte de decodificar os comportamento das personaxes, non só en canto á reflexión sobre o comportamento humano senón tamén da sociedade de mercado na que nos tocou vivir. Aínda que a dinámica xera momentos máis divertidos e cómicos, tamén ten un cariz dramático, deses que fan un nó na gorxa; a deshumanización á que nos avoca o capitalismo, convertíndonos en inimigos e duros competidores, dispostos á loita salvaxe na que o todo vale está á orde do día. Dirixida por Jouse García con